Ola a todos! Hoxe vouvos presentar a Revista Laniakea, a revista dixital do IES Rosais II.
Laniakea é un proxecto creado no 2017 pola profesora de Lengua Española, Teresa, xunto con os alumnos de 4º da ESO dese ano.
A idea principal era ter unha platarforma dixital onde os alumnos poidesen falar de temas que lle interesasen e puidesen expresarse libremente (sempre con respeto), dando a coñecer as súas inquedanzas. E así foi, durante o curso 2017-18, dende a publicación do primeiro artigo sobre "Poesía actual", diferentes alumnos con diferentes intereses fomos expoñendo diferentes temas, como o medio ambiente , os estereotipos ou a liberdade de expresión, tamén publicamos composicións propias, especialmente poemas e relatos, e intentamos explicar a nosa historia.
Ademáis, chegamos a crear un Instagram e un Twitter da revista para informar dos artigos que subiamos e promocionala.
Este ano o proxecto está paralizado pero temos pensado volver, facendo reunións no 1º recreo do mércores, polo que se estás interesado en participar podes contactarnos en laniakearosais2@gmail.com ou falar en persoa conmigo ou con Teresa, estamos abertos a todo o instituto e estariamos encantados de ter máis xente involucrada nisto. Cantos máis mellor!!
Un saúdo ;)
Miguel García-Miguel 1º BACH D
No hay comentarios:
Publicar un comentario